Obradoiro Dixital / Revista de Arquitectura / Outubro 2018 / Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Política de Calidade

A revista Obradoiro Dixital axústase á política de calidade do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia:
Descargar política de Calidade

Política de Acceso Aberto

A revista Obradoiro Dixital prové acceso libre inmediato ao seu contido baixo o principio de que facer dispoñible de modo gratuito a información ao publico apoia a un maior intercambio de coñecemento global.

Condicións de uso

Obradoiro Dixital
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
CIF Q-1575005 B
Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso da Web (http:// obradoirodixital.gal), en diante “a Web”, da que é titular o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA, en diante “COAG”. O uso da Web implica a aceptación destas condicións de uso, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos da Web.

Protección de Datos de Carácter Persoal

Dacordo coa normativa vixente en materia de protección de datos así como en materia de servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, o usuario acepta que os datos persoais facilitados ao COAG para o seu acceso a algúns dos servizos da Web, sexan incorporados a ficheiros titularidade do COAG, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, para a correcta identificación dos usuarios que solicitan servizos personalizados na Web, para a realización de estudos estatísticos que permitan deseñar melloras nos servizos prestados, para a xestión de tarefas básicas de administración, así como para manterlle informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades, produtos, servizos e actividades relacionados ca revista e co COAG.

No caso de comunicacións comerciais a través de correo electrónico ou medio equivalente, o usuario presta o seu consentimento expreso para o envío de publicidade a través de devandito medio. O COAG comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de tratalos con confidencialidade, e asume, a estes efectos, as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de acordo co establecido na Ley Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e demais lexislación aplicable. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose o COAG o dereito para excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Calquera usuario pode en calquera momento exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante un escrito, cunha fotocopia do DNI e especificando o dereito para exercitar, a: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Protección Datos, Praza da Quintana, 3. Santiago de Compostela 15704 (A Coruña). Pode utilizar o seguinte documento como modelo:
Solicitude de información de datos de carácter persoal

Ligazóns

Esta Web contén ligazóns con servizos, actividades ou informacións que cremos que poden ser de utilidade cun contido que non infrinxe a lexislación vixente, e que pode ser visitada por menores de idade, de todas as maneiras, o COAG non se responsabiliza do contido, nin dos posibles bens ou dereitos lesionables. O COAG non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos enlazados desde a súa páxina Web, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nos que se poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos e ficheiros do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao usuario por este motivo. Se vostede cre que o contido pode vulnerar algún dereito, rogámoslle que nos escriba a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., así poderemos actuar con dilixencia para suprimir a ligazón.

Propiedade intelectual

Todos os elementos que forman a Web, así como a estrutura, deseño e código fonte da mesma, son titularidade do COAG, quedando expresamente prohibida a reprodución, modificación, transformación, distribución ou comunicación pública da Web, sen o previo consentimento do COAG, salvo nos casos previstos na lexislación. Poderase facer un uso exclusivamente privado e persoal dos contidos da Web, sempre que non sexan usados cunha finalidade comercial posterior. O COAG non asume ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido da Web e poderá exercitar todas as accións legais que estime oportuno en caso de infracción destes dereitos por parte do usuario.

Exclusión de responsabilidade sobre o contido

A información desta Web ten como finalidade a publicación de proxectos e artigos de arquitectura. O COAG non se responsabiliza dos posibles erros tipográficos ou numéricos que poida conter a Web, nin da exactitude da información contida na mesma. En todo caso, o COAG resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ou suspender temporalmente o contido, configuración, especificacións técnicas e servizos da Web, de forma unilateral. O COAG non será, en ningún caso, responsable, polos danos e prexuízos de calquera tipo derivados, directa ou indirectamente, da falta de lectura deste aviso, ou do incumprimento das obrigacións especificadas no mesmo. O COAG, por tanto, non se responsabiliza do uso indebido do portal e dos seus contidos e servizos, nin pode garantir, aínda que sexa o seu ánimo, a certeza dos seus contidos. Igualmente, non se garante a veracidade dos contidos publicitarios de calquera ben, produto ou servizo anunciado. A información contida nesta Web, ten carácter meramente informativo; en ningún caso, constitúe asesoramento xurídico. O COAG se reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida nesta Web, da configuración e a presentación desta nas condicións de acceso. O COAG non se responsabiliza dos fallos que se poidan producir nas comunicacións, non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do portal e dos servizos, por iso o COAG non pode garantir a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á páxina Web e ao seu contido O COAG levará a cabo, sempre que non concorran causas que ou fagan imposible ou de difícil execución, e tan pronto teñan noticia de erros, desconexións ou falta de actualización nos contidos, todos aqueles traballos tendentes a emendar os erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos.

Acceso

Existen determinadas zonas da Web cuxo acceso está reservado aos editores da revista autorizados polo COAG, por medio dun identificador de usuario e un contrasinal. Os demais usuarios poden visitar o acceso ás seccións públicas da Web, non debendo tentar nunca o acceso ás seccións con acceso restrinxido, salvo que fose autorizado mediante un contrasinal e un identificador de usuario particular. O usuario responsabilízase da confidencialidade e do uso do contrasinal, o COAG non se responsabiliza dos posibles danos e lesións a terceiros que puidese provocar a súa perda ou mal uso. En caso de perda, pode poñerse en contacto na dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para dar de baixa a conta.

Seguridad

O COAG consciente dos riscos derivados de enfrontarse a novos retos que supoñan estender os seus servizos a través de Internet, dispuxo de esixentes medidas de seguridade para reducir os riscos. Exclúe calquera tipo de responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á presenza de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións no sistema informático (software e hardware), documentos electrónicos e ficheiros do usuario ou de calquera terceiro, incluíndo os que se produzan nos servizos prestados por terceiros a través da Web Os usuarios quedan informados de que a utilización dos sistemas electrónicos de transmisión de datos e o correo electrónico non ofrece garantías absolutas de seguridade. O usuario e o COAG exonéranse mutuamente de calquera responsabilidade derivada de feitos como a non recepción ou a demora da mesma, o erro ou intercepción das comunicacións.

Contacto

Revista Obradoiro Dixital
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
CIF Q-1575005B
Praza da Quintana, 3
15704 Santiago de Compostela
obradoirodixital.gal
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.