Obradoiro Dixital / Revista de Arquitectura / Outubro 2018 / Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Granxa escola en Cospeito

Finalista COAG XVI
Proxecto Fin de Carreira


Martín Insua Calvo

Texto

1.1 Emprazamento: Granxa escola localizada na comarca da Terra Chá, máis concretamente no núcleo rural de Cospeito, contigua á lagoa e á braña protexidas pola Rede Natura 2000. Trátase dunha paisaxe totalmente natural cunha vexetación de distintas especies como carballos, piñeiros ou salgueiros. A parcela dispón dunha superficie de 92.460m2.

1.2 Deseño e mellora do sitio: O entorno é cambiante en función da época do ano, polo que se realiza unha actuación consecuente que pretende integrarse no territorio chegando a formar parte do mesmo evitando calquera tipo de impacto. O proxecto aproveitará as rutas naturais que delimitan a parcela.

1.3 Proxecto: O programa principal do proxecto (zonas comúns, obradoiros de traballo, albergue e granxa) realízanse na zona seca da parcela. Existen intervencións (observatorios, merendeiro, espazo de charlas e talleres baixo a carballeira) ó longo de toda a parcela como complemento. Para lograr unha maior integración do proxecto xorden patios entre os distintos espazos, chegando a coser o edificio coa natureza que o envolve.

2.1 Consumo de enerxía: Ó utilizar madeira de carácter local para a construción (eucalipto branco) apenas se altera o lugar. Destacar que no deseño do edificio considerouse fundamental o despece da madeira da fachada para integrala e provocar un aforro enerxético.

2.2 Consumo de auga: Pese a estar situado nas inmediacións dunha braña, a auga presente na parcela manténse para non interferir no ecosistema do lugar. Sen embargo, realízase un pozo de barrena de auga potable duns 10.000 litros.

2.3 Consumo de materiais: Potenciase o uso de materiais da zona, como a madeira. Chegando a reinterpretar as técnicas tradicionais do uso deste material. Os vidros utilizados son de seguridade, na parte das cortes, e vidro de baixa emisividade e regulación da luz na zona do albergue, usos comúns e obradoiro.

3.1 Emisións: Ó utilizar materiais locais e reducir a contaminación achacada ó transporte, as emisións serán basicamente debidas ó proceso construtivo. O uso de recursos do entorno e a obtención natural de diversas enerxías fan que proxecto e natureza apóiense reciprocamente.

3.2 Residuos sólidos: Como o proxecto componse de materiais primarios da zona, a madeira excedente da obra volverá ó seu lugar de orixe ou utilizarase para obtención de enerxía (posterior compactación e transformación en pellets). As feces e residuos orgánicos, procedentes dos animais utilizaranse como abono para terreos de cultivo.

3.3 Xestión de auga: A auga de choiva recollerase para a súa utilización como augas grises dos aseos; a restante será para rego dos patios e as zonas de cultivo. A auga potable obterase mediante un pozo de barrena. A auga da lagoa, do río Támoga e do terreo non se modificará para non alterar o ecosistema do lugar.

4.1 Ventilación: Ademais de dispoñer de ventilación cruzada en tódalas estancias do proxecto, na zona superior, cabe destacar que as carpinterías de portas e fiestras dispoñen dun sistema de microventilación.

4.2 Iluminación natural: As lamas de madeira regulan a luz que accede ó interior. Tamén as partes de vidro das fachadas provocan esta entrada de luz regulada. Existen porches, zonas cubertas e beirís da cuberta que controlan a luz.

4.3 Acústica: Os tabiques dobres de pladur con lá de roca illan acusticamente as distintas estancias.

5.1 Funcionalidade e eficiencia: Co uso do material da zona axudase a non contaminar e pechar o ciclo de utilización.

5.2 Control dos sistemas construtivos: Os usuarios poden regular o control dos sistemas pasivos de ventilación e obtención de calor mediante ventilación forzada. O vidro das fachadas, o uso de chan radiante e a obtención de enerxía xeotérmica do terreo, fan que se manteña o confort interior.

6.1 Flexibilidade e adaptabilidade: As técnicas tradicionais de tratamento de madeira utilizadas nas fachadas, independentes da estrutura portante, así como os cerramentos das zonas húmidas e privadas do proxecto provocan que se xeren espazos flexibles.

6.2: Mantemento e comportamento operativo: A man de obra local permite aplicar sistemas de control enerxéticos tradicionais. En tódolos cerramentos lévase a cabo unha mellora do comportamento térmico, asegurando la durabilidade dos elementos que os compoñen.

7.1 Aspectos sociais: Preténdese evitar calquera tipo de impacto no entorno e no ecosistema do lugar. Os usuarios principais serán nenos de entre 6 e 14 anos que estudarán a lagoa de Cospeito e o seu ecosistema.

7.2 Aspectos económicos: A eficiencia e optimización dos sistemas construtivos e o uso da madeira garante a súa durabilidade e reduce custos de mantemento. O uso de materiais da zona provoca unha relación cos artesáns e ebanistas do lugar.

Na realización do proxecto procurase a máxima integración no lugar natural onde se desenvolve. O concepto inicial do proxecto é o dun pequeno asentamento que xorde ó longo dun camiño. Así como destacar a división parcelaria mediante os distintos usos do solo. Para desenvolver o proxecto combínase a tecnoloxía contemporánea coas técnicas construtivas tradicionais.