Obradoiro Dixital / Revista de Arquitectura / Marzo 2018 / Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Spanish Dream

Premio COAG XV
Divulgación e Investigación

Cadelasverdes
Ana Amado Pazos, Luz Paz Agras e Marta Marcos Maroño

Texto

O Proxecto

Spanish Dream é un proxecto que propón unha reflexión crítica sobre a crise económica e as súas consecuencias.

Na actualidade asistimos a unha situación que está a provocar graves desequilibrios económicos en todo o mundo. En España, en particular, esta circunstancia viuse acentuada pola famosa burbulla inmobiliaria.

A idea fai referencia ao American Dream como símbolo do que anhela todo un país, o obxectivo final que hai que alcanzar na vida: ter unha vivenda en propiedade. Este desexo lexitimou un modelo social baseado na producción indiscriminada e amparado pola especulación bancaria.

O soño fíxose cachizas e, como herdanza, temos un territorio infestado por obras que quedaron sin rematar e con poucas expectativas de facelo, ruinas prematuras que xa forman parte da nosa paisaxe. Detrás desta situación, agóchase unha realidade persoal, individual e colectiva, que forma parte do día a día e que amosa un escenario pouco optimista.

Spanish Dream alude especialmente ao emocional, recreando escenas familiares en espazos en obras sen rematar con un aspecto pouco doméstico e que probablemente nunca o chegará a ter. O proxecto propón a reflexión sobre unha sociedade que, arrastrada polo afán de convertirse en propietarios, esqueceu o verdadeiro sentido do habitar.

A exposición

Para a exposición do proxecto na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia diséñase unha montaxe específica baseada no uso repetido dun único elemento: o puntal de obra.

A intervención neste espacio require o uso de douscentos puntais de aceiro galvanizado cos que se compartimenta o interior creando una sinuosa doble pel sobre a que se exhiben as imaxes. Este mismo elemento é utilizado para crear una pantalla exterior que pecha dous dos arcos da Casa da Conga e que serve de soporte ó cartel de obra que anuncia a exposición.

Ademáis de ser un referente inmediato que conecta a montaxe co mundo da construcción, emprégase o puntal como elemento alegórico que sostén todas esas ruinas prematuras, todos esos soños rotos que nos amosan as fotografías.

A intervención realízase no interior dun edificio histórico do século XVII, nun entorno monumental como é a Praza da Quintana, enfrente á Catedral de Santiago de Compostela, construindo un soporte livián sobre o que as imaxes aparecen flotando e que contrasta coa envolvente pétrea que o contén.