Obradoiro Dixital / Revista de Arquitectura / Marzo 2018 / Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Intemción.
Programa Cultural da librería Formatos

Finalista COAG XV
Divulgación e Investigación

A Coruña
Librería Formatos
Alberte Pérez Rodríguez, Carlos Mosquera del Palacio, Enrique Iglesias Lima,
Felipe Trillo González, Ramón Dominguez e José Manuel Dominguez

Texto

A comezos do ano 2008, iniciamos un proxecto longamente perseguido por nós: a xeración dunha proposta cultural activa e alternativa, intemcion. Este programa xira arredor de catro bloques principais: investigación, temática, caixa de iniciativas e presentación de obra nova, sendo o obxectivo principal desta iniciativa a difusión aberta e libre de diferentes experiencias arquitectónicas e artísticas, nun ambiente suxerinte e divulgativo por natureza, como é unha librería.

Neste senso, a flexibilidade do espazo do que hoxe dispomos permítenos desenvolver actividades diversas, conferencias, presentacións, proxeccións, exposicións… adicadas á promoción cultural nos diferentes ámbitos artísticos: a Arquitectura, o Deseño, a Fotografía, a Publicidade, a Moda, o Cinema… Gustaríanos contar coa colaboración de todos para transcender os límite do noso espazo e converter intemcion nun proxecto estable de intercambio e debate cultural.

O equipo de traballo encabezado por trespes.arquitectos e Felipe Trillo comparte as inquietudes da librería formatos na procura dunha nova forma de ollar sobre o entendemento da difusión Cultural. Sumámonos pois a esta iniciativa ilusiónante na procura dunha lectura transversal da cultura no noso tempo.

O programa intemcion pretende dar forma a esta aventura a través de conferencias, presentacións, debates, proxeccións audiovisuais, exposicións… actos programados periodicamente de xaneiro a maio de xeito continuado nos últimos 5 anos, creando a partires del un fío cultural, unha rede activa que nos leva a todos a poder recoñecer a cultura como ben social vital e dinamizador.

Agardamos que esta proposta serva para afianzar a presenza tanto física como virtual deste novo espazo cultural.

Enlace:intemcion.blogspot.com.es