Obradoiro Dixital / Revista de Arquitectura / Marzo 2018 / Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Arquitecturadegalicia.eu

Premio COAG XVI
Divulgación e Investigación

Rubén Ulloa Montes, Luis Santalla, Alberto Fortes,
Juan Miguel Salgado, Dario Vallina, Adrián Capelo,
Iago Valverde, Omar Rodríguez, Esteban Vigo,
Miguel Picado, Iago Casabiel

Texto

arquitecturadegalicia.eu é un proxecto que trata de albergar a arquitectura contemporánea realizada en Galicia nos últimos 60 anos, nun proceso de constante actualización e selección. É un catálogo dinámico que ficha a ficha aspira a desvelar a arquitectura galega máis próxima.

Mapeamos as aforas das nosas miradas

Percibiamos un baleiro, o descoñecemento da arquitectura do noso entorno. Non sabíamos como foron as arquitecturas nin quenes foran os arquitectos que construíran as nosas cidades, pobos, aldeas ou barrios. É unha arquitectura de calidade paralela á súa contemporaneidade pero que pasa desapercibida.

Sinalar pode ser unha boa acción subversiva, varía a forma de ver o obxecto sinalado. Clarifica o xeito de vivir o cercano. Saber como se chama o teu veciño é o primeiro paso para crear un vecindario, de auto construir un hábitat cohesivo. Coñecer e recoñecer a arquitectura veciña, convirte a cotidianidade nunha experiencia arquitectónica enriquecedora, outra cidade nace nese momento.

A filosofía de arquitecturadegalicia.eu é apostar pola experiencia arquitectónica ante a dictadura da fascinación visual á que estamos sometidos. Toda obra está asociada a un lugar. Un punto no territorio que permita ao navegante web poder vivir a arquitectura mostrada. Unha parte indisociable do proxecto está no fomento desta experimentación espacial, que é fundamental na compresión da obra.

Non somos expertos, son maiores as nosas incertidumes que os nosos lugares de confort. Alzamos a mirada para atopar o extraordinario do ordinario, tratando de coller perspectiva dos diferentes tempos e maneiras de facer e procurando atopar un proceso de converxencia espontánea que nos reconforta na rede. Con máis de 125.000 visitas xa se converteu nunha referencia en Galicia. Tamén nas redes sociais (facebook, twitter e flickr) e na aplicación móvil para android.

Enlace:arquitecturadegalicia.eu