Obradoiro Dixital / Revista de Arquitectura / Marzo 2018 / Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Centro de recursos para persoas con discapacidade

Finalista COAG XV
Equipamento

Medelo. Silleda
Arrokabe Arquitectos

Texto

A actuación é a rehabilitación e o acondicionamento exterior para Centro de recursos para persoas con discapacidade dun conxunto edificatorio conformado por unha serie de construcións tradicionais e a parcela na que se atopan.

A parcela sitúase na parroquia de Medelo, en solo rústico, no termo municipal de Silleda, provincia de Pontevedra. No ano 2007 foi cedida polo Concello á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, para a construción das instalacións e xestión das actividades do centro.

A preexistencia sobre a cal debiamos actuar era unha casa de labranza, constituída por varias edificacións tradicionais con fachadas aos catro ventos que, no seu momento, formaban una unidade de produción agrícola e gandeira. O conxunto, que estaba catalogado e protexido, atopábase en estado de abandono desde fai máis de 25 anos, co consecuente deterioro dos seus elementos constructivos. Non obstante, non sufrira alteracións tipolóxicas importantes á marxe dun pequeno engadido de fábrica de ladrillo adosado á fachada cega do alpendre. Tanto polas súas

características constructivas como pola súa implantación constituía un exemplo de arquitectura popular de indubidable calidade que precisaba ser conservado e potenciado.

Web do estudio:www.arrokabe.com